AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA
O CURSO 2016/2017
ORIENTACIÓNS PARA AS PROBAS DE LINGUA CASTELÁ E
LITERATURA II DO CURSO 2016-2017
En
síntese, o exame (a escoller entre dúas opcións) consistirá nun exercicio cos
seguintes apartados e preguntas:
1ª PARTE (2.5 puntos)
1.
Significado de palabras o expresiones en un texto (1.0 puntos)
2.
Resumen o esquema de un texto (1.5 puntos) O esquema deberá ordenar as ideas e
xerarquizarlas, incluíndo as principais e as secundarias. Empregaranse esquemas
nominais e non oracionais para cada un dos epígrafes. A través da lectura tanto
do resumo como do esquema, alguén que non lese o texto debería poder saber de
que trata e cales son as ideas principais.
2ª PARTE (1.5 puntos)
3.
Comentario crítico del contenido de un texto. Repetimos aquí as orientacións de
circulares anteriores dirixidas ao alumnado:
1. Deberás tratar de convencer con argumentos e
contraargumentos.
2. Deberás organizar o teu texto debidamente; podes
estruturalo en partes (sen indicalas) como, por exemplo, tesis, argumentación e
conclusión.
3. Deberás manexar os recursos lingüísticos axeitados:
verbos de pensamento, de dúbida… adverbios e conectores que faciliten a
exposición de argumentos, fórmulas que impliquen ao receptor, etc.
4. Valoraremos a corrección e a adecuación da linguaxe
ao que se solicita, preferindo sempre a sinxeleza aos tópicos e ás fórmulas de
recheo.
5. Deberías ser quen de detectar os criterios nos que
se basea o autor para defender o que di.
6. Deberías ser capaz de engadir exemplos que ilustren
os teus argumentos ou contraargumentos e deberías ser capaz de chegar a
conclusións, ainda que sexan provisionais.
7. Non se trata de realizar unha análise formal do
texto, ainda que poderás referirte a algún trazo formal se estimas que
contribúe a reforzar a túa argumentación.
8. Penalizaremos o feito de repetires o texto, que
digas obviedades, que empregues frases ocas ou insustanciais, rexistros
coloquiais ou que cometas erros de expresión ou ortográficos.
9. Non deberás exceder as 50 liñas.
3ª PARTE (3 PUNTOS)
Esta
terceira parte constará de TRES cuestións (cada una de 1.0 puntos) que
recollerán os estándares de aprendizaxe establecidos na lexislación neste
bloque de contidos:
·
identificación e
explicación de fenómenos ortográficos, morfolóxicos, sintácticos (categorías,
funcións e relacións);
·
uso ou redacción
de pequenas estruturas guiadas;
·
cuestións de
carácter semántico (cuestión de sinonimia, etc.)
·
ou de tipo compositivo como os conectores textuais,
os elementos de cohesión intradiscursivos, etc.
As
preguntas serán formuladas consonte o seguinte modelo:
1.
Coñecemento das posibilidades de creación de palabras e enriquecemento do
léxico mediante a composición,
derivación, parasíntese e acronimia.
2.
Identificación e uso das diferentes clases
de palabras.
3.
Identificación e emprego axeitado das diferentes formas verbais e das diferentes formas de perífrases verbais.
4.
Identificación e emprego das diferentes clases de sintagmas ou frases, dos seus constituíntes e das
diferentes funcións que podan
exercer nas cláusulas ou oracións.
5.
Identificación e uso das diferentes funcións
primarias de cláusula ou oración (suxeito, predicado, etc.)
6.
Identificación e uso das diferentes relacións
existentes entre estruturas sintácticas.
7.
Coñecemento das diferentes relacións léxico-semánticas das palabras (sinonimia, antonimia, hiperonimia, campo
léxico e campo semántico, mediante a identificación nun texto ou o emprego
de sinónimos, antónimos, etc.).
8.
Identificación de voces patrimoniais,
cultismos, semicultismos e préstamos.
9.
Identificación de conectores ou
procedimentos de cohesión.
Insístese
no seguinte:
1.
NON se pedirá unha análise sintáctica formal.
2.
NON se pedirá análise morfolóxica de palabras, pero poderá pedirse
identificación de elementos.
3.
Poderase preguntar por todos aqueles elementos que contribúen a dotar de
cohesión e coherencia a un texto; por exemplo, antecedentes de relativos,
referentes textuais de pronomes, valores anafóricos e catafóricos dalgún
elemento, identificación e emprego de conectores, etc.
5.
As preguntas NON serán teóricas; non se tratará de reproducir teoría gramatical
ou trazos das variedades aprendidos memorísticamente, senón de identificar ou
empregar unidades lingüísticas.
4ª PARTE
(3 PUNTOS)
Esta
parte constará de DÚAS preguntas, cada unha de 1,5 puntos.
Unha
pregunta fará referencia a unha das obras lidas no curso e a outra á historia
da literatura. Tal e como sinalamos anteriormente, as obras dos últimos cursos,
escollidas polos docentes de secundaria, son as seguintes:
1.
La Fundación
2.
Campos de Castilla
3.
Plenilunio
4.
Crónica de una muerte anunciada
7ª Pregunta (1.5 puntos): Co apoio dun pequeno fragmento (que estará
identificado), as preguntas versarán sobre características, temas, personaxes,
etc., da obra. As preguntas tipo poden ser:
·
Sobre Plenilunio:
1.
Temas de Plenilunio.
2.
Técnicas narrativas da novela.
3.
Tempo e espacio da novela.
4.
Punto de vista do narrador.
·
Sobre La Fundación:
1.
Técnicas e recursos dramáticos en La Fundación.
2.
Análise de personaxes de La Fundación.
3.
Argumento e temas fundamentais en La Fundación.
4.
Lugar, tempo e acción en La Fundación.
·
Sobre Crónica de una muerte anunciada
1.
A técnica do realismo máxico en Crónica de una muerte anunciada.
2.
A importancia do honor en Crónica de una muerte anunciada.
3.
O perspectivismo como técnica narrativa en Crónica de una muerte anunciada.
4.
Análise de personaxes de Crónica de una muerte anunciada.
·
Sobre Campos de Castilla
1.
A paisaxe en Campos de Castilla.
2.
Principais símbolos machadianos en Campos de Castilla.
3.
Principais trazos formais na obra Campos de Castilla.
Dado
que a pregunta irá vinculada a un pequeno texto, as lecturas seguen a ser
OBRIGATORIAS e non son unha mera recomendación. Os fragmentos seleccionados
serán sempre moi significativos. Non se pretende sorprender ao alumnado, senón
potenciar a lectura reflexiva das obras.
8ª
Pregunta (1.5 puntos). O alumnado terá que responder a unha das seguintes
cuestións:
1.
O Modernismo. Características xerais a través da figura de Rubén Darío.
2.
A xeración do 98: Baroja, Unamuno e Azorín.
3. As traxectorias poéticas de Antonio Machado e
Juan Ramón Jiménez.
4.
O grupo poético do 27 a través dalgúns dos principais autores: Salinas, Lorca,
Alberti e Cernuda.
5.
O teatro español anterior á Guerra Civil: Benavente, Lorca e Valle-Inclán.
6.
A poesía española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Miguel
Hernández, Blas de Otero, Gil de Biedma.
7.
A novela española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Cela, Delibes e
Martín Santos.
8.
A figura de Buero Vallejo no teatro español posterior á Guerra Civil. A
renovación do teatro dende o chamado Teatro Independente (por exemplo, Els
Joglars, La Fura, Els comediants...).
9.
A narrativa hispanoamericana da segunda metade do século XX. O boom da
narrativa: Borges, Cortázar, García Márquez, Vargas Llosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario